Método de traballo
Que podes atopar ao poñerte en contacto conmigo?
En canto te poñas en contacto conmigo concertaremos unha cita para o estudo do teu caso ou para a programación de unha consulta.
A cita poderá ser presencial ou de forma telemática, como prefiras.
Previa a aceptación de calquera caso presentarese unha folla de encargo ou presuposto.
Este documento será no que se plasme o coste detallado dos servizos a prestar e as condicións nas que se levarán a cabo os mesmos.
Así, en todo momento coñecerás o custo final do servizo e os trámites a realizar.
Filosofía
Son consciente da enorme responsabilidade que supón tomar nas miñas mans os problemas dos meus clientes para tentar darlle unha solución ou mellorar a súa posición.
Por iso, o compromiso da firma é manter unha comunicación clara e aberta cos clientes durante todo o proceso aos que estes se enfrontan.
Proporcionando información sobre o progreso do asunto e calquera cambio que poida xurdir durante a tramitación do mesmo, así como de todas as vicisitudes que poidan afectar ao mesmo, para tentar buscar un resquicio de tranquilidade dentro da situación complexa na que se poden atopar os mesmos.
A transparencia é un dos principios inspiradores da filosofía da firma, así dende o primeiro momento se plantexa de forma clara o que podemos e non podemos facer para axudar aos clientes, asegurándonos que entendan a situación e os posibles resultados.
Para min é moi importante que os clientes se sintan cómodos e seguros ao comunicarse conmigo e que sepan que estou aquí para axudalos en calquera momento.
© 2023 Todos os dereitos reservados.